
Deste xeito, o grupo de comunicación vén de asinar un acordo de colaboración con Microsoft co que ofrecerlles aos seus usuarios “experiencias únicas e innovadoras” no consumo de contidos dixitais.
O acordo permitirá aproveitar o potencial de ámbolos dous grupos, grazas ás súas audiencias combinadas de máis de 25 millóns de usuarios únicos e os contidos de varios portais de PRISA: As, Cinco Días, Cinemanía e Meristation, que se integrarán como parte da oferta editorial do portal MSN.
Desta maneira MSN reforza o seu compromiso coa calidade dos seus contidos, e porá a disposición da súa audiencia información achegada directamente do grupo de comunicación líder en España.
Pola súa parte, PRISA, proporcionaralle aos seus usuarios un acceso máis directo aos contidos de MSN, así como un acceso inmediato ao correo Hotmail, ao buscador Bing e ao servizo de mensaxería instantánea Messenger, entre outros servizos de Microsoft.
Esta colaboración no eido dos contidos e publicidade en liña enmárcase dentro da alianza estratéxica establecida entre PRISA e Microsoft en materia de contidos dixitais, educación e cloud computing.
O acordo contempla a adopción das tecnoloxías máis innovadoras de Microsoft para a creación e explotación dos contidos dixitais de PRISA, entre outras accións “que van enriquecer a experiencia dos usuarios finais”, aseguran.
PRISA anuncia melloras no seu servizo de consumo de contidos dixitais
Compartir Este Artigo

