
O evento, que non remata ata o vindeiro 4 de abril, reúne en Cannes aos produtores e programadores de televisións de todo o mundo, facilitando que xurdan entre eles distintos encontros, colaboracións e oportunidades financeiras e de negocio para o sector.
Xa que logo, e aproveitando esta oportunidade única, o audiovisual galego busca tamén o seu oco no mercado internacional da man do IGAPE e do departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad, que apoiará a asistencia das empresas galegas mediante o financiamento de parte dos gastos de acreditación, traslados e aloxamento, ademais de poñer á súa disposición un espazo común para que os profesionais poidan empregalo como punto de encontro e lugar de reunións.
Alá están xa as compañías galegas CTV, Frida Films, Maruxiña Films, Zoamedia e Zenit, que formarán parte do paraugas Audiovisual from Spain promovido polo Instituto de Comercio Exterior (ICEX), xunto co Instituto Nacional da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) e a Federación de Asociacións de Produtores Audiovisuais (FAPAE).
A esta presenza galega hai que sumarlle a de representantes da Televisión de Galicia e do Curso de Posgrao en Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais (CICA) da Universidade da Coruña.
As “armas” que Consellería levou ata Cannes para promover con éxito o audiovisual galego e a súa industria son os catálogos Films from Galicia e Shorts from Galicia, que recollen a relación das pezas máis importantes no eido da ficción, animación e documental, así como as últimas novidades en curtas, series e películas para televisión.
Por outra banda, tamén levan o catálogo Ways to Film, onde se promove Galicia como escenario de rodaxe, “tanto polas súas localizacións como pola existencia dunha industria audiovisual moderna e consolidada”, aseguran.
A través da participación no MipTV, a Consellería amosa “a súa aposta polo fortalecemento da imaxe dos nosos produtos audiovisuais a nivel internacional”, a través dun escaparate único marcado pola continua evolución das novas tecnoloxías que lle abre novas oportunidades de negocio ás nosas empresas.
Segundo datos da organización, o MipTV reunirá a máis de 11.500 profesionais dun cento de países, máis de 4.000 compradores e preto de 100 novos expositores
Cultura promove o audiovisual galego no MipTV de Cannes
Compartir Este Artigo

