
A web, que tamén dispón dun escaparate virtual na Rede, permite tanto levar a cabo as xestións e trámites necesarios na oficina, como servir de plataforma dende a que ofrecer información sobre os inmobles dispoñibles e a súa situación física, o que, en palabras do redactor de Tic2you, “faina exportable a outros negocios de venda”.
Inmobiliaria permítelle ao usuario acceder a toda a información que desexe dos inmobles dispoñibles dende calquera momento e lugar, e grazas a un intuitivo sistema de listados e formularios, o responsable pode xestionar comodamente todos os seus inmobles, establecer cales han de ser visualizados antes, modificar información ou administrar as imaxes dos mesmos cando desexe, entre outras actividades.
Dende Tic2you, que se especializaron en achegar polo miúdo información de utilidade para os potenciais usuarios das ferramentas que atopan, aseguran que Inmobiliaria “non só lle permitirá ás empresas xestionar toda a información dos seus inmobles de xeito máis eficiente, senón que dotará á súa empresa dunha presenza en Internet, mediante a cal ofrecer información dos seus inmobles”.
A ferramenta en liña ofrece ademais tradución dos seus contidos a 7 idiomas, as mellores medidas de seguridade informática, un escaparate virtual composto de listados de inmobles con material audiovisual sobre os mesmos, fichas individuais con información detallada de cada un, un listado con ofertas e promocións, un completo buscador e a posibilidade de subscribir aos clientes que desexen recibir información no seu correo.
A fin de contas, todo o que precisa o xestor dunha inmobiliaria para levar a cabo o seu traballo con éxito, de xeito eficaz, e aforrando tempo e custes, que nos tempos que corren veñen moi ben.
Inmobiliaria, a web de Pexego á medida das necesidades do sector
Compartir Este Artigo

