O vindeiro xoves ás 23:00 horas botará a andar en La 2 de Televisión Española La nube, un programa presentado por Toni Garrido (actual condutor de Asuntos Propios en Radio Nacional) que buscará ser reflexo da sociedade que está a xurdir como consecuencia da revolución tecnolóxica reflexionando coa axuda de expertos e chamando á participación a través dunha páxina web que botará a andar en breve e das plataformas habituais (como Facebook e un blog oficial).

Na primeira entrega do programa, titulada Usted está aquí, abordarán a posición do cidadán na revolución dixital dende distintos ángulos, contando con convidados como Zaryn Dentzel, fundador de Tuenti; Basel Ramsis, cineasta exipcio que difundiu a través da Internet as revoltas da primavera árabe; Mario Alonso Puig, médico especialista na mente humana; e a xornalista Montserrat Domínguez, que dirixirá a edición española do Huffington Post. Tamén estarán presentes os blogueiros de Microsiervos.
Un dos anuncios do novo programa
La 2 estreará un programa sobre a sociedade da Internet
Compartir Este Artigo
