
Segundo nos conta o presidente de IGACIENCIA, Manuel Díaz Regueiro, o certame (que contou para esta edición co apoio da Fundación Barrié, o Concello de Lugo e máis da Deputación), organizouse co obxectivo de aproximar a xente nova e a cidadanía en xeral ao mundo da robótica, ceibando esta especialidade de atrancos de comunicación e posibles prexuízos e buscando salientar a gran importancia que ten a intelixencia artificial para o futuro do mundo, sobre todo en cuestións como a saúde, o benestar, a defensa do medio ambiente, a busca de recursos para loitar contra o quecemento da terra e atopar enerxías renovables máis rendibles, a mellora das condicións laborais nas industrias, a loita contra enfermidades, etc.
A listaxe de centros premiados, informan dende IGACIENCIA, quedou deste xeito.
· 1º Premio
IES Muralla Romana de Lugo. 4º da ESO, 64 puntos
· 2º premio da ESO
IES Illa de Sarón de Xove 4º da ESO, 50 puntos
· 3º premio da ESO
CPI Castroverde e IES de Canido de Ferrol, 45 puntos
Concurso para Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio
· 1º Premio
IES Perdouro de Burela Ciclo Medio de Telecomunicacións, 51 puntos
· 2º premio de Bach e Ciclos
IES Laxeiro de Lalín 1º de Bach, 43 puntos
· 3º Premio de Bach e ciclos
IES de Ortigueira, 36 puntos
IGACIENCIA deu a coñecer os centros premiados no Concurso Galego de Robótica
Compartir Este Artigo
