
Sen ir máis lonxe, hoxe o blog achega información de utilidade sobre os torneos de Warhammer, Magic e YuGi Oh, para que as persoas interesadas en participar vaian anotándose e tomando boa nota do que teñen que facer.
O torneo de Warhammer 40k terá lugar o sábado a partir das 10:00 da mañá e para participar hai que enviar a lista do exército ao correo gandalfhamlet@hotmail.com.
Por outra banda, o de Warhammer Fantasy celebrarase o domingo á mesma hora, e a dirección de correo á que se debe enviar a lista do exército é a mesma.
Este torneo, que organiza un ano máis o colectivo Ludico Hermes e Alitacomics, vai xa pola 6ª edición e as bases son as mesmas que as da anterior, cos codex publicados en español ata a data, FAQS e erratas españolas (descargables de games workshop) publicadas ata o 1 de maio de 2012. O torneo, que será de balde, xogarase a 3 partidas, e as listas terán como límite os 1750 puntos.
A organización, que creou un evento en Facebook para convocar á xente a este torneo, indica que este ano as misións a seguir son 3: Aniquilación (1 punto por unidade); Ocupar e manter (2 obxectivos) e Asegurar o control (1D3 máis 2 obxectivos).
Tamén avisan de que é obrigado pintar e representar as miniaturas con máis de tres cores e algún detalle, algo que non se terá en conta á hora de outorgar os premios, porén si é necesario para poder participar no torneo.
A data límite para a recepción das listas é esta mesma tarde ás 16:00 horas e deberán achegarse en documentos en word (.doc ou similar), e a ser posible detalladas e desglosadas para facilitar a corrección.
No tocante aos torneos de Magic e Yu Gi Oh, a organización do XGN achega dúas direccións de correo electrónico coas que contactar para recibir información ou resolver dúbidas. Trátase de franjra@hotmail.com e telcontar7@gmail.com, respectivamente.
O prazo para inscribirse no torneo de Warhammer do XGN remata esta tarde
Compartir Este Artigo

