
A actividade, na que participan 236 persoas en total, forma parte do Programa de Dinamización 2012 da Rede CeMIT, e para o seu desenvolvemento empréganse os sistemas de videocolaboración e de videoconferencia, dependendo das aulas nas que se atopen os usuarios.
A técnica de videocolaboración permítelles aos participantes comunicarse entre si en tempo real a través de imaxe e chat, así como compartir e controlar aplicacións remotas; mentres que, por outra banda, a popular videoconferencia permite que dende a distancia se poidan desenvolver actividades non presenciais, grazas aos equipos audiovisuais e multimedia que teñen as aulas máis modernas.
Nesta nova edición, o Programa de Dinamización conta ademais con outras cinco actividades de 15 horas de duración, que versarán sobre televisión en Internet, deseño gráfico, retoque fotográfico, community manager ou streaming de audio e vídeo, entre outros temas.
A maiores, celebraranse outras dúas actividades máis amplas, de máis de 40 horas, sobre produción audiovisual e creación multimedia.
As persoas interesadas en participar poderán informarse das datas de comezo de cada actividade nas aulas CeMIT da súa localidade; por teléfono chamando ao 981 552 568; ou en Internet na web oficial da Rede CeMIT, onde tamén poderán reservar praza e rexistrarse.
A Rede CeMIT anuncia a celebración de novos cursos nas vindeiras semanas
Compartir Este Artigo

