
As perdas da compañía, que recentemente nomeou presidente a Kaz Hirai para darlle un xiro á súa traxectoria empresarial dos últimos anos, supoñen nada menos que un 75% máis que as rexistradas o ano anterior, cando perdeu 259.600 millóns de iens.
Sony atribúelle os malos resultados deste exercicio 2011 “ao impacto do encarecemento do ien”, “aos efectos das catástrofes naturais en Xapón e Tailandia” e tamén “ao deterioro dos mercados en países desenvolvidos”, quizais o máis desalentador tanto para esta como para o resto de compañías tecnolóxicas que tamén comprobaron como o consumo descendeu considerablemente.
Malia todo, a multinacional agarda remontar durante o actual exercicio fiscal e lograr un beneficio operativo de 180.000 millóns de euros, e pechar o 31 de marzo de 2013 deixando atrás os números vermellos e obtendo un beneficio neto de 30.000 millóns de iens.
Sony remata o cuarto ano fiscal consecutivo con perdas millonarias
Compartir Este Artigo

