Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Shigeru Miyamoto recibirá o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Shigeru Miyamoto recibirá o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades

Marcus Fernández
Publicado: 23/05/2012
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Miyamoto recibindo un premio CEDEC en 2008
Miyamoto recibindo un premio CEDEC en 2008
Tras presentar a súa candidatura en 3 ocasións, os responsables do Gamelab, a feira internacional do videoxogo e o lecer interactivo que se celebra en Barcelona, saíron coa súa, e conseguiron que Shigeru Miyamoto foxe elixido Premio Príncipe de Asturas da Comunicación e Humanidades na edición deste ano, recoñecendo así o traballo do que pode considerarse como o desenvolvedor de videoxogos máis influínte da historia, sendo elemento chave dentro do éxito de Nintendo e estando detrás da popularización do videoxogo como activador de mente, físico e social.
O director do Gamelab e presidente da Academia das Artes e as Ciencias Interactivas, Iván Fernández Lobo, ao recibir a noticia do Premio asegurou que “o anuncio deste galardón supón un pulo importante para a cultura dixital en España e no mundo, pois serán os creadores de videoxogos como Miyamoto os que inspiren os modelos de comunicación do século XXI. Grazas á súa influencia, falar de videoxogos hoxe en día e falar de comunicación global, dun xeito de expresión tan potente e democrático que lonxe de contradicirse cos xa existentes, absorbeunos e mellorounos a través da linguaxe da interacción”. Asegura que propuxeron a candidatura de Miyamoto por consideralo como o máximo expoñente da creación interactiva, colocando ao videoxogo como “un novo medio, capaz de xuntar ás persoas en torno a unha experiencia compartida, sen distinción de idade, sexo, condición social ou cultura”.
Nesta liña, o asesor de Gamelab, e un dos creadores de videoxogos máis recoñecidos de España, Gonzo Suárez, apuntou que “nas últimas décadas, Miyamoto estivo detrás de todas as revolucións tecnolóxicas e creativas que permitiron a expansión global do lecer interactivo, promovendo modos de xogos que puxeron de manifesto a potencia do videoxogo como activador mental, físico e social”.

Shigeru Miyamoto, a cabeza visible do sector dos videoxogos

miyamoto-2.jpgA figura de Miyamoto é recoñecida internacionalmente, xa que este nipón nacido en Kyoto en 1952 conseguiu converter varias das súas obras en iconas da cultura popular, chegando a ser considerado coma o herdeiro de Walt Disney (hoxe en día Mario é máis coñecido polos cativos estadounidenses que o rato Mickey). A revista Time destacouno como un dos personaxes máis influíntes do mundo, IGN e GameTrailers consideran que é o creador de videoxogos máis importante da historia e incluso a Academia Británica das Artes Cinematográficas e Televisivas (BAFTA) recoñeceu o seu traballo, pero a auténtica valía deste profesional dos videoxogos pode verse mellor nas súas obras, pois foi quen creou o videoxogo Donkey Kong, no que nacería Mario, dando lugar á franquía de máis éxito no sector na que tamén produciríanse numerosas innovacións ao longo do tempo (Mario foi o primeiro personaxe en desprazarse libremente pola pantalla, introduciu o desprazamento lateral da cámara e foi o primeiro personaxe en moverse nun contorno tridimensional).
Miyamoto tamén foi responsable doutras franquías de éxito, como The Legend of Zelda, Star Fox, Pikmin e, nos últimos tempos produciu a series de xogos Wii (Wii Sports, Wii Fit…), popularizando un novo xeito de entender os videoxogos no fogar, no que algúns consideran que é unha das súas maiores contribucións á Industria.
Tras coñecer o galardón que recibirá, Miyamoto asegurou sentirse moi honrado, engadindo que “o labor de crear videoxogos é en boa medida un traballo en equipo e por este motivo síntome enormemente agradecido por ter sido elixido para recibir este ilustre premio. Como consecuencia, gustaríame recibir este premio en representación dos meus amigos e compañeiros, cos que creei videoxogos ao longo da miña carreira”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026
Actualidade

WhatsApp por fin incorpora as mensaxes programadas

25/11/2026
Actualidade

Rueda reclama tolerancia cero fronte á violencia machista tamén no ámbito dixital

25/11/2026
Actualidade

A Deputación de Lugo presenta o seu modelo de IA nun congreso internacional en Madrid

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?