A consola de videoxogos doméstica de Microsoft está a gozar de grande éxito como centro multimedia para o fogar, de xeito que nos EE.UU. xa se emprega máis para consumidor cine e televisión que para xogar, mentres que en España avanza paseniñamente neste ámbito, e tras a incorporación de Movistar Imagenio, Gol Televisión, Canal+ Yomvi e RTVE entre outros contidos, chega agora Antena 3, que dentro da súa estratexia 3.0 estréase en Xbox LIVE ofrecendo aos usuarios Gold a posibilidade de gozar á carta de series como Los Protegidos, Luna: El misterio de Calenda, El Barco, Gran Hotel, Bandolera ou El Secreto de Puente Viejo.
Os usuarios que conten con Kinect tamén poderán controlar a nova aplicación de xeito intuitivo cos seus xeitos ou mediante ordes de voz. Este tipo de solucións fan que as plataformas de televisión á carta de cada unha das canles actuais sexan moito máis accesibles para os usuarios, que en vez de fuxir ao ordenador, poderán gozar de prestacións avanzadas dende o seu propio salón.
Antena 3 leva as súas series á Xbox 360
Compartir Este Artigo
