
Este proxecto, no que participan as tres universidades galegas e distintas empresas tecnolóxicas, permitirá a implantación de dispositivos nos fogares dos pacientes crónicos, para enviar, en tempo real, información sobre o seu estado de saúde aos distintos profesionais sanitarios, para que fagan un seguimento na distancia dos mesmos.
Feijóo cualificou o Fogar Dixital Asistencial como un proxecto tecnolóxico “de extraordinaria importancia social”, que supón dar máis sanidade a un custe menor; “un proxecto –engadiu- co que Galicia se adianta ao resto das comunidades”.
O responsable autonómico explicou que esta iniciativa atópase dentro do proxecto Fogar Dixital, un dos 26 proxectos que teñen un financiamento por parte de fondos europeos e fondos da Xunta, no programa Feder-Innterconecta, que neste caso ascende a 1,46 millóns de euros.
Son un total de 26 proxectos que están a mobilizar 60 millóns de euros, e nos que están presentes dalgunha maneira 106 empresas galegas. Algo que supón, en palabras do Presidente, “unha das maiores apostas, sen dúbida, en materia tecnolóxica que nunca se fixo na Comunidade”.
Núñez Feijóo citou na súa intervención a Axenda Dixital 2014.gal e o Plan de Banda Larga 2010-2013, como exemplos de iniciativas postas a andar na actual lexislatura co obxectivo de integrar o uso das TIC e de Internet no día a día da poboación galega, que permiten aproveitar as vantaxes das telecomunicacións para elevar a calidade de vida da xente, como é o caso.
Feijóo concluíu afirmando que, no ano 2014, cando finalice a Axenda Dixital, “estaremos nunha posición de competitividade da nosa economía, onde Galicia estará na vangarda da tecnoloxía, non só desde o punto de vista da cobertura do territorio, senón desde o punto de vista dos servizos”, aclarou.
Feijóo destaca a importancia social do proxecto do Fogar Dixital Asistencial de R
Compartir Este Artigo

