Mañá martes, 12 de xuño, vai ter lugar no Centro dos Servizos Sociais do Concello de Ponteareas, unha charla sobre as Vantaxes e perigos do uso e abuso das novas tecnoloxías, da man da Axente TIC do Concello, Ana Pérez.
O evento dará comezo a partir das 11:00 horas e vai dirixido a pais, nais e público en xeral interesado en adquirir información sobre o uso correcto das TIC por parte dos máis cativos da casa.
No mesmo, informarase aos asistentes, non só da rapidez e o alcance das TIC na sociedade (especialmente nos menores), senón tamén da importancia das novas responsabilidades que deben adquirir os proxenitores ou titores por mor da introdución destes avances tecnolóxicos no fogar. Tamén se informará dos perigos que achega o mal uso das redes sociais ou o acceso a contidos pouco apropiados en Internet. A xornada, que organiza a Concellería de Servizos Sociais coa colaboración da Concellería de Novas Tecnoloxías de Ponteareas, é de entrada libre e de balde para tódalas persoas interesadas.
Ponteareas celebra unha charla sobre o uso correcto das TIC
Compartir Este Artigo

