Cada ano, o Museo Henry Ford de EE.UU organiza os Premios de Deseño Internacional, IDEA, uns galardóns cos que recoñece a contribución ao deseño intelixente de distintos produtos saídos ao mercado, que resultan útiles á vez que atractivos á vista.
Nesta edición, na que se entregaron un total de 36 recoñecementos dos máis diversos eidos, o premio de Ouro ao deseño foille concedido a Nokia, polos seus modelos de teléfonos Lumia 900 e Lumia 800, dos que valoraron a súa “forma icónica, persoal e atractiva” que non descoida o seu aspecto moderno e do que coidaron ata “o máis mínimo detalle”, precisaron os membros do xurado.

Neste caixón de xastre todo ten cabida, dende mobles, bicicletas e artigos reciclados, ata botellas de papel, lámpadas, ou mesmo unha especie de “explorador dun mundo mellor”, achegado por IBM.
Nesta edición tamén resultaou premiada Samsung, polo seu queimador de placa de inducción portátil, máis coñecido como iPod Hob.
Os premios IDEA concédenlle o Ouro ao deseño ao Nokia Lumia
Compartir Este Artigo

