A compañía galega Edisa, dedicada dende hai case 30 anos a desenvolver solucións e servizos de xestión empresarial, vén de ampliar as funcionalidades tecnolóxicas do seu ERP Libra, unha ferramenta que permite cubrir tódolos procesos de negocio e xestión que precisa unha empresa.
A partir do lanzamento da versión 5.2.2, Libra permite o tratamento integrado do rexistro sanitario, “aspecto clave”, segundo afirman, “na xestión das empresas do sector da Alimentación, especialmente nas compañías exportadoras”, precisan.
Grazas a esta nova funcionalidade, os usuarios desta plataforma poderán identificar os rexistros sanitarios da compañía por almacén, por centro contable ou mesmo pola factoría na que se elaborou o produto, dependendo das necesidades do usuario.
Na actualidade, máis de 500 medianas e grandes empresas son usuarias de Libra, as cales se poden beneficiar xa das novas funcionalidades que o equipo de desenvolvedores vén de incorporar a Libra, coas que aseguran “cubrir as necesidades máis importantes coas que se atopan neste intre as empresas alimentarias”, afirman, “tanto a nivel estratéxico como operativo”.
Libra conta con soporte internacional, e está traducido ao inglés, ao francés, ao portugués e algúns dos seus módulos a italiano, holandés, alemán, ruso e polaco.
A galega Edisa anuncia novas funcionalidades no seu servizo estrela
Compartir Este Artigo

