A firma de electrónica WiFi Alliance vén de darlle luz verde ao seu último programa de estandarización que, entre outras cousas, permitirá compartir vídeos de maneira directa e doada entre calquera dispositivo WiFi, independentemente do seu fabricante.
A solución, que leva por nome Miracast, opera sobre as actuais redes WiFi 802.11 (de feito está baseada no estándar WiFi Direct, ao que non substitúe), e funciona igual que o AirPlay de Apple, a diferenza de que non precisa de ningún router propietario, nin de conexión á Rede.
Trátase, en realidade, dun conxunto de estándares de vídeo que nos van permitir reproducir un clip de un dispositivo a outro sen ter que preocuparnos de códecs, resolucións, formatos de archivo nin ratios, coa comodidade que iso achega.
De feito, é por isto que aspira a ser univeral, ao permitir que tódolos dispositivos se “entendan” entre si, malia ser de fabricantes distintos.
Porén, ao mesmo tempo, é este o meirande problema ao que se enfronta Miracast, o de conseguir que diferentes marcas que xa teñen as súas solucións propietarias como WiDi de Intel ou a devandita Apple, permitan incorporar o novo estándar aos seus produtos.
Co tempo saberemos se efectivamente estamos a falar do AirPlay universal ou se os fabricantes optarán por seguir cos seus propios estándares.
As posibilidades do Wi-Fi para pantallas vistas en vídeo
Miracast, unha alternativa universal a AirPlay e WiDi
Compartir Este Artigo

