O investigador de Gradiant, Emilio Antonio Rodríguez, vén de acadar a prestixiosa bolsa de posgrado no estranxeiro que concede a Fundación Barrié na área de transferencia e comercialización tecnolóxica, para continuar os seus estudos sobre tecnoloxías da comunicación alén dos nosos lindes.
Trátase dunha das 32 bolsas de posgrao no estranxeiro que a Fundación galega concede para a ampliación de estudos e estancias de investigación (máster, doutorado e estancias posdoutorais) en centros académicos e investigadores de todo o mundo.
Rodríguez, que foi o único estudante de Enxeñaría de Telecomunicacións que se fixo coa beca nesta 23ª convocatoria, gozará durante 9 meses da súa estancia en Finlandia, concretamente traballando no Departamento de Procesado de Sinal e Son da Universidade de Aalto.
Segundo informan dende Gradiant, o científico acaba de rematar a súa tese doutoral sobre técnicas adaptativas aplicadas a Sistemas de Comunicacións con Conformación Espectral e Cancelación de Interferencias, e iniciará o seu periplo internacional en outubro.
Un investigador de Gradiant, novo bolseiro na Universidade de Aalto (Finlandia)
Compartir Este Artigo

