Malia que todo indicaba que as operadoras de telefonía do noso país ían deixar de subvencionar terminais en canto aplicaran as políticas anunciadas, semella que o panorama non cambiou demasiado dende o aviso, e máis da metade dos españois conseguiron o seu último terminal totalmente de balde.
Así o indica un informe sobre hábitos de compra, posesión, gasto e uso de telefonía móbil de Kantar Worldpanel, que afirma que un 54,7% dos novos terminais adquiridos nos últimos 2 meses foron gratis.
Kantar indica que apenas un 1,6% dos novos terminais foron financiados para ser pagados a prazos (unha modalidade que non acaba de callar aquí en España), mentres que un 43,7% foi adquirido mediante pago único.
O usuario pagou uns 51 euros de media polo seu novo terminal de última xeración, tan só uns 10 euros máis do que pagou en abril deste ano, e tres euros máis que en maio (48 euros).
Por outra banda, o estudo indica que os usuarios que deciden renovar o seu antigo móbil non soen desfacerse del, pola contra, soen “alongarlle a súa vida útil” ao traspasárllelo a outras persoas.
De feito o 13% dos usuarios que adquiriron un móbil no último mes regaláronlle o antigo a outra persoa, e só un 2,4% decidiu entregalo na tenda onde compraron o seu.
Malia que son moitas as persoas que aínda recibiron o seu último terminal de balde, Kantar afirma que “o panorama non é tan desolador para as operadoras”, posto que recuperaron a caída de renovacións de maio sen superar, iso si, as cifras rexistradas nesta época o ano pasado: un 22% máis.
Máis da metade dos españois seguen sen pagar por un móbil novo
Compartir Este Artigo

