
A aula, que ocupa un espazo de 96 metros cadrados, foi inaugurada polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, que viaxaron ata Pontevedra para reunirse alí co presidente de Deputación, Rafael Louzán, o outro encargado da inauguración do centro público.
A Xunta investiu para a posta en marcha deste centro, situado nas dependencias do Edificio Administrativo da Deputación Provincial de Pontevedra, un total de 82.000 euros cofinanciados con Fondos Feder, e segundo afirman, cumpren así “o compromiso de que cada galego teña unha aula CeMIT a menos de trinta minutos do seu lugar de residencia”.
Nesta comarca o Plan de Formación de Banda Larga da Xunta “incrementou a cobertura de Internet do 77% existente en 2009 a máis do 98% a día de hoxe”, afirman. O obxectivo é dotar de conexión á rede ao 100% dos galegos a finais de 2013 e seguir a ofrecer cursos de balde en toda a Rede CeMIT para completar así outro dos obxectivos fundamentais do Executivo no tocante ás TIC.
Neste senso, o Plan de Formación da Rede CeMIT para este 2012 triplica a oferta do ano pasado con 3.000 cursos gratuítos.
Pontevedra estrea unha nova Aula CeMIT para a formación en novas tecnoloxías
Compartir Este Artigo

