A primeiros de ano R sorprendeunos cunha rede sen fíos para os seus clientes (wifi_clientes_R) que achega acceso á Rede a través de Wi-Fi cando están fora do seu fogar sen custo engadido e reducindo o seu consumo de datos en mobilidade, e que conta con centos de puntos de acceso por toda a nosa comunidade autónoma, e para facilitar a localización destas zonas nas que podemos conectarnos á Internet veñen de estrear unha aplicación para móbiles Android que está dispoñible de balde en Google Play e que precisa para funcionar unha segunda aplicación que permite identificarse como cliente de R (que pode configurarse dende o sistema de xestión de contas do smartphone).
Esta aplicación aínda está en probas, e sería un primeiro paso por parte de R para desenvolver novas aplicacións móbiles que facilitarán no futuro a consulta do consumo de móbil e outros servizos.
R estrea aplicación móbil para a súa rede de puntos de acceso Wi-Fi
Compartir Este Artigo

