
Ata o momento esta rede sen fíos conta cuns 300 puntos de acceso en toda Galicia, alí onde R conta con infraestrutura de seu, con localizacións que poden consultarse na páxina web da compañía e que aspira a converterse na rede Wi-Fi máis grande de Galicia.
Para poder acceder á Rede dende calquera destes puntos de acceso públicos será preciso establecer unha conexión Wi-Fi coas mesmas para visitar logo algunha páxina web, momento no que aparecerá unha pantalla de validación na que haberá que introducir os datos como cliente de R e aceptar as condicións do servizo. Só aceptan unha conexión simultánea por cliente, terá certos límites de tempo de acceso ao mes e advirten de que ao estar nunha rede Wi-Fi aberta é preciso tomar certas precaucións de seguridade.
R estrea unha rede sen fíos para que os seus clientes poidan acceder á Rede fóra do seu fogar
Compartir Este Artigo

