Na Rede continúan a gañar peso o audiovisual, e no caso español teñen moito peso os contidos relativos ao fútbol, de aí que dende YouTube chegasen a un acordo con Mediapro para ofrecer durante as vindeiras 3 tempadas o contido que se xera ao redor dos partidos de fútbol da Liga BBVA, de Segunda División e da Copa do Rei a través da canle oficial de La Liga.
Cada semana, media hora despois do final do último encontro da xornada de Liga BBVA e Segunda División os seareiros do fútbol poderán accede en YouTube a numerosos contidos entre os que figurarían os goles da xornada, as mellores xogadas de cada partido, as roldas de prensa posteriores aos encontros, as declaracións de xogadores e adestradores, resumes dos partidos (dende 10 vídeos da Liga BBVA, 5 da Copa do Rei e 3 de Segunda División) e reportaxes de programas como Goal Zap, Planeta Axel, La Liga Show, Limited Edition, Directo Gol, Liga World e Special Reports.
Deste xeito, YouTube convértese na plataforma en liña máis completa para repasar as xornadas futbolísticas en España.
YouTube ofrecerá repasos das xornadas de fútbol en España
Compartir Este Artigo
