
O documento nace do consenso entre as principais multinacionais de electrónica de consumo, canles de televisión, desenvolvedores de servizos e provedores de tecnoloxía de encriptación, participando un total de 54 empresas na elaboración do informe coordinado pola Asociación Española de Empresas de Televisión Interactiva (AEDETI) co apoio de RTVE que persegue a creación dun contorno estable que incentive o investimento en servizos de televisión conectada.
Agora deberanse elixir as entidades de certificación e homologación dos modelos compatibles, para que os consumidores poidan identificar mediante distintivos se un dispositivo soporta os novos servizos de televisión conectada como o vídeo baixo demanda, o Catch-up TV ou a información mellorada sobre eventos.
Podemos destacar que a TVG leva dende o pasado mes de decembro operando como canle híbrida de contidos, podendo gozarse de tal posibilidade no contorno de Santiago de Compostela.
Acordan as bases da prestación de servizos de televisión conectada en España
Compartir Este Artigo
