A TVG convértese en plataforma hÃbrida de contidos
mércores, 28 de decembro do 2011
A fusión da televisión e a Internet está cada
dÃa máis preto. Dende este martes 27, a Televisión
de Galicia incorporouse ao selecto club de canles que ofrecen unha plataforma
hÃbrida de contidos. O usuario, en virtude destas novidades, poderá elixir
os contidos que desexe e que están dispoñibles no chamado sistema HbbTV, máis coñecido como
televisión hÃbrida. Trátase, máis polo miúdo, dun novo estándar de televisión
baixo demanda combinado con servizos de radiodifusión e banda larga.
Estamos polo tanto ante un estándar multiplataforma, independente dos
fabricantes dos televisores ou receptores, e que permitirÃa, entre outras
cousas, proporcionarlles aos televidentes o acceso a contidos interactivos e
baixo demanda, en definitiva a televisión á carta.
A primeira zona de Galicia en dispor desta tecnoloxÃa é a comarca de Santiago,
que desde onte conta xa con programas de series emitidas pola TVG e do seu portal web.
A nivel estatal e polo de agora, segundo informan fontes da corporación,
unicamente media ducia de canles ofrecen esta posibilidade técnica,
posibilidade que se ve limitada pola carestÃa dos aparellos que a ofrecen e que
se achegan aos 3.000 euros.

- O servizo de televisión conectada da TVG xa está a operar en probas
