
Ata o momento os usuarios con consolas PlayStation 3 modificadas tiñan un acceso limitado aos xogos desta consola, por ter que mantela ancorada na versión 3.55 do firmware (modificada para poder correr copias de xogos), pero coa chave LV0 que circula pola Internet sería posible adaptar un firmware moderno para executar xogos publicados nos 2 últimos anos (xunto con todos os comercializados anteriormente) e, de feito, algúns destes firmwares personalizados xa están dispoñibles para a súa descarga, aínda que en versións pouco maduras (a súa instalación pode deixar a consola inservible).
Ao parecer, os descubridores destas últimas chaves da PS3 decidiron publicalas libremente na Rede para evitar que alguén aproveitase o seu traballo para sacar proveito económico (lembremos que existe un importante mercado de dispositivos USB que axudan a modificar as consolas domésticas de Sony).
Falta agora ver a reacción de Sony, que é de agardar que mova ficha nos vindeiros días, en boa medida porque estamos a poucas semanas da campaña de Nadal, e non tomar medidas antes podería prexudicar seriamente ás vendas das súas grandes apostas para o peche do ano.
Vídeo no que amosan un firmware recente da PS3 modificado
Vulneran a seguridade da PlayStation 3
Compartir Este Artigo
