Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AGESTIC recoñece a iniciativas galegas dos sector TIC cos seus Premios INNOVA-G
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

AGESTIC recoñece a iniciativas galegas dos sector TIC cos seus Premios INNOVA-G

Marcus Fernández
Publicado: 26/10/2012
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

premios_innova-g-2012_xeral.jpgO Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en Santiago de Compostela serviu de escenario para o acto de entrega dos Premios INNOVA-G 2012 que outorga a Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC) para recoñecer os produtos e servizos tecnolóxicos ou da Internet máis innovadores e con maior proxección, así como empresas, entidades e profesionais do sector TIC. A estes galardóns concorren empresas de tecnoloxías, Internet e contidos dixitais galegas, que aproveitan este marco para proxectar a fortaleza deste sector produtivo da nosa sociedade, como demostra o feito de que houbese un total de 71 candidaturas repartidas en 5 categorías oficiais.
premios_innova-g-2012_bourio.jpgO acto estivo presidido polo presidente de AGESTIC, José María López Bourio; quen estivo acompañado pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a directora xeral de promoción de Emprego da Xunta de Galicia, Amparo González Méndez, que coincidiron en destacar o potencial das empresas tecnolóxicas galegas como catalizadoras do emprendemento e confirmaron o apoio institucional a este sector que busca tanto crear emprego como ser motor da economía galega.
premios_innova-g-2012_mar_pereira_01.jpgMar Pereira, directora da AMTEGA, sinalou que o futuro se encamiña na dirección de modelos de negocio en liña que evolucionan constantemente para satisfacer a inmediatez e a personalización da demanda actual. Isto unido a clara tendencia dun consumo cada vez máis dixital sitúa ao sector empresarial ante un reto é dunha enorme envergadura, pero tamén ante un abano de oportunidades.
Pola súa banda, a directora xeral de Promoción do Emprego, Amparo González, destacou o compromiso do Goberno galego coa cultura do emprendemento e da innovación. Neste sentido, puxo en valor varios programas que a Consellería de Traballo e Benestar ten posto en marcha para avanzar nesta liña de actuación. En primeiro lugar, fixo fincapé no programa de “fomento das iniciativas de emprego de base tecnolóxica”, que fomenta o espírito innovador e emprendedor, principalmente entre os investigadores e titulados universitarios.

Contidos
  • Gañadores dos Premios INNOVA-G 2012
  • Mencións de honra

Gañadores dos Premios
INNOVA-G 2012


A entrega deste ano dos premios convocados por AGESTIC
principiou co recoñecemento a Saborplace.com
e a súa plataforma de venda en liña
de produtos ecolóxicos e artesanais como
a mellor start-up galega. Este proxecto
radicado na Coruña botou a andar co traballo de 2 mozas emprendedoras, servindo
de exemplo de como levar unha idea a un plan de negocio e á súa posta en
marcha, á vez que se aposta por valores como o comercio xusto, o respecto polo
medio ambiente e a alimentación sa.

Como recoñecemento persoal á mellora emprendedora TIC galego destacouse a Rosa Conde Suárez da empresa Entremetidos, unha consultoría de marketing en liña e comunicación
interactiva
que supón o salto da súa responsable de traballar para empresas
líderes dende Madrid a Galicia, para crear unha empresa de seu.

Como mellor desenvolvemento 2.0 destacouse a Buydeal,
plataforma de comercio electrónico que o ano pasado xa
recibira o Premio EGANET
, polo que este proxecto parece estar a gañarse un
espazo como exemplo de produto galego en liña.

Como mellor aplicación para dispositivos móbiles AGESTIC quixo recoñecer a PicSound da coruñesa Evelb Técnicas
y Sistemas, aplicación
para iPhone e iPod Touch
que permite usar a cámara do dispositivo móbil sen
tocar a súa pantalla, empregando como disparador o son (pode programarse para
que saque unha fotografía ao superar certo nivel de volume).

Para rematar as categorías oficiais destes premios destacouse o traballo da compañía viguesa
Desoños
coa páxina web Delagro, que
cun deseño coidado e un bo desenvolvemento consegue dar visibilidade a máis de
40 cooperativas agrarias e entidades de Galicia, Asturias e Cantabria, que
aglutinan a máis de 17.000 asociados.

Mencións de honra


Aparte da competición oficial dos Premios INNOVA-G,
dende AGESTIC tamén queren destacar o bo facer doutros axentes que contribúen a
promover o sector tecnolóxico galego, de aí que decidisen recoñecer cunha
mención como mellor evento de networking
galego á LaconNetwork, xuntanza de emprendedores
e profesionais de base tecnolóxica que os últimos venres de cada mes atópanse
para compartir mantel e experiencias, contribuíndo a cohesionar o noso sector
TIC.

Tamén tiveron a ver recoñecer á CRTVG como mellor medio de comunicación de
difusión das TIC polo programa
Banda Ancha da Radio Galega
, que
durante os últimos anos contribuíu á difusión da Internet e das iniciativas no
ámbito tecnolóxico que se desenvolven dende Galicia, dando unha voz ao sector
nas ondas da radio pública do país.

Para rematar a entrega de premios, destacouse como mellor institución pública
comprometida coas TIC á Deputación de
Pontevedra
, que nos últimos anos ten desenvolvido distintas iniciativa para
difundir as TIC e promover a eAdministración, como os proxectos depoTIC ou
Repoblar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?