Entre os días 28 de novembro e 15 de decembro desenvolverase en Vigo (os mércores pola tarde e os sábados pola mañá durante un máximo de 4 horas/día) unha serie de obradoiros presencias do chamado Startup Weekend NEXT (SWNext), un curso dirixido a equipos de 2 ou máis fundadores que leven un tempo dando voltas a un proxecto, que dun xeito práctico poderán iniciarse no emprendemento, podendo contar cun mentor que os asesorará durante as 3 semanas e tamén unha parte en liña que funcionará a xeito de deberes grazas á tecnoloxía de Udacity.
Os asistentes formaranse no Business Model Canvas, entenderán o proceso de Customer Development e, en definitiva, aprenderán en pouco tempo leccións de grande utilidade para un negocio real.
A edición viguesa do SWNext está organizada por José Iglesias, unha das persoas detrás de Iniciador Galicia e Startup Weekend Galicia, e precisamente Startup Weekend é un dos proxectos que deu pé a esta nova iniciativa formativa na que tamén colaboraron Steve Blank, Udacity, TechStars e Startup America.
Vigo acollerá o curso para emprendedores Startup Weekend NEXT
Compartir Este Artigo
