Ningunha aplicación informática está libre de ter erros na súa programación, e os dispositivos móbiles cada vez máis complexos dan mostra diso a diario, pero algún dos erros detectados nalgún momento poden chegar a ser arroibantes, como o que veñen de detectar no sistema operativo Android 4.2, que a aplicación de Contactos esqueceu o mes de decembro, o que impide introducir correctamente na axenda a data de nacemento dun contacto que engadamos e que nacera no devandito mes.
Ao parecer non estamos ante un bug dun dispositivo en concreto, senón que manifestaríase nos 3 novos trebellos de Google que veñen con Android 4.2 preinstalado, de xeito que haberá que agardar a unha actualización para corrixir a aplicación de Contactos.
Android 4.2 esquece o mes de decembro
Compartir Este Artigo
