Quique Morales fará memoria para repasar os seus primeiros contactos coa tecnoloxíaO programa Banda Ancha da Radio Galega, galardoado recentemente cun Premio INNOVA-G, continúa co seu labor de difusión da tecnoloxía en Galicia, polo que este sábado a partires das 15:00 horas realizará un repaso da actualidade da semana grazas á colaboración de Código Cero, aproveitando a ocasión para conversar con Belén Suay, product Manager de HTC para España e Portugal, quen comentará as novidades que achega a súa compañía con móbiles como o HTC Windows Phone 8X, que é o primeiro en chegar ao mercado co novo sistema operativo móbil de Microsoft. Neste espazo radiofónico convidouse ao presentador de televisión Quique Morales, condutor do programa A Revista da tarde da TVG, a compartir coa audiencia os seus primeiros contactos coa informática e a Internet, así como o uso que actualmente fai da tecnoloxía. Completa o programa esta semana Pablo Grandío, de Vandal.net, facendo un repaso dos grandes xogos que temos de cara á tempada de Nadal.