Normalmente as empresas aproveitan os seus espazos nas redes sociais para dar a coñecer novas dun xeito xenérico, pero Nokia quere levar a súa experiencia máis aló e para animar aos seus usuarios a seguilos a través de Twitter estrean unha ferramenta en liña chamada Tweetsender, que permite rexistrarse indicando o terminal de Nokia que se posúe, de xeito que cando haxa algunha novidade importante sobre o mesmo (unha nova aplicación ou unha actualización do seu software) recíbase unha mensaxe directa de Nokia en vez de ter que andar pendente de todas as mensaxes da compañía finlandesa.
Esta ferramenta é tan sinxela como identificarse na mesma mediante a nosa conta de Twitter e indicar o noso modelo de móbil e o noso país para non perder ningunha información importante sobre o noso móbil. Nokia sería o primeiro fabricante de móbiles en ofrecer un servizo deste tipo aos seus usuarios, e non sería de sorprender que servise de exemplo a moitas outras compañías que puidesen establecer así un contacto máis directo cos seus clientes.
Nokia inicia un servizo de alertas a través de Twitter
Compartir Este Artigo
