Demostración do uso dun Nokia Lumia 920 coas luvas postasAínda que en España os novos móbiles con Windows Phone 8 non rematen de desembarcar totalmente (haberá que agardar a mediados de xaneiro para que dispositivos como o Nokia Lumia 920 estean dispoñibles, e posiblemente en unidades bastante limitadas), internacionalmente parecen estar a gozar dunha aceptación excelente, especialmente cando chegan acompañadas coa debida campaña divulgativa, como parecen ter comprobado de primeira man dende Microsoft, xa que aseguran que as presentacións e retos englobados baixo a marca Meet Your Match desenvolvidos en EE.UU., Reino Unido, Francia e Alemaña, amosando en persoa aos consumidors as posibilidades de Windows Phone, conseguiron convencer ao 88% das persoas de que o plataforma móbil de Microsoft é máis divertida, útil e persoal que as dos seus principais competidores (iPhone e Android). Cómpre destacar que a mostra non foi cativa, pois o número de persoas ás que chegaría a campaña sería superior ás 75.000. Na Internet a campaña tamén parece estar a funcionar moi ben, e os vídeos de Meet Your Match superaron as 600.000 reproducións, que xunto cos moitos anuncios en liña que puideron verse de Windows Phone 8 podemos entender que alí onde está a darse a coñecer esta plataforma comeza a gozar dun grande grao de coñecemento, algo que en mercados como o español aínda está lonxe de acontecer.