A firma galega Redegal, con sedes en Ourense e Vigo e especializada en consultoría TIC e máis en deseño de enxeñaría dixital para comercialización de produtos e servizos, deunos a coñecer un dos seus proxectos máis ambiciosos no eido do comercio electrónico: a presenza na Rede do proxecto Petra Mora. O traballo de Redegal, basicamente, consistiu en achegar forma dixital a esta nova marca, centrada na venda e distribución de produtos gastronómicos tradicionais.
Para facer realidade a tenda en liña de Petra Mora, botouse man dos servizos de software máis actuais e innovadores específicos para o ámbito do ecommerce e, tamén, do propio espírito da marca, unha iniciativa a cabalo entre dous mundos, o tradicional e o 2.0, procurando que abrolle o mellor deles. O resultado, informa Redegal, é un servizo de compra en liña “sinxelo, directo e eficaz, tanto para o cliente como para a empresa”.
Asemade, o traballo despregado pola firma TIC tivo moi en conta o valor que dende Petra Mora se ten do deseño e a aparencia, alén do valor intrínseco do produto en venda. Este packaging excepcional, sinala a empresa galega, procurouse aplicar en tódolos elementos da páxina resultante. A tenda en liña, salienta pois a feitura externa, “acorde de principio a fin coa esencia de Petra Mora, así como a funcionalidade e sinxeleza, fornecendo ámbalas dúas un servizo de compra dixital rápido e directo”.
Redegal afronta un dos seus proxectos máis ambiciosos coa tenda en liña de Petra Mora
Compartir Este Artigo
