
O Nokia Lumia 620 en España
En España Expansys tamén acepta pedidos do Nokia Lumia 920 a un prezo de 274,99 euros (un pouco por riba dos 269 euros que terá como prezo oficial), aínda que no noso territorio este terminal non destaca en encargos, senón que é o Nokia Lumia 920 de cor vermella o que lidera as vendas nos seu Top 20 semanal, polo que as vendas en liña estarían a indicar a boa saúde da familia Lumia de Nokia.
Onde si veremos o Nokia Lumia 620 de xeito físico en España é nas tendas da cadea The Phone House, que xa incorporaron o pequeno da familia Lumia ao seu catálogo, figurando a un prezo libre de 289 euros no seu modelo de cor negra, de xeito que España estaría entre os primeiros países nos que se pode conseguir dun xeito relativamente doado este atractivo móbil, pois ata o momento parecía que a súa distribucións estaba a limitarse a Rusia, Tailandia, India, Alemaña, China, Emiratos Árabes, Turquía e Canadá.
