Unha das cousas que destaca aos móbiles da familia Lumia do resto de dispositivos con Windows Phone son as aplicacións e servizos que Nokia desenvolve ao seu redor, permitíndolles diferenciarse claramente dos seus competidores máis directos, e un deses servizos é Nokia Música, que permite escoitar de balde unha serie de canles musicais temáticos no que se coñece como Mix Radio (que pode lembrarnos a Spotify), e que como grande limitación ten que só permite saltar un número limitado de cancións.
Como grande diferenza fronte a outros servizos carece de publicidade e non precisa nin sequera de darse de alta, pero en previsión de que moitos usuarios prefiran superar as súas eivas, veñen de evolucionalo nun servizo Premium, de xeito que por só 3,99 euros/mes será posible gozar de saltos ilimitados en Nokia Música+, descarga ilimitada de cancións (para poder gozar das mesmas fóra de liña), mellor calidade de son (prometen un son 8 veces maior á calidade estándar), acceso ás letras das cancións (que poden amosarse como texto con desprazamento ou a xeito de karaoke) e incluso está dispoñible vía web, para poder gozar do servizo no ordenador, converténdose nunha das ofertas deste tipo máis competitivas do mercado (pois habitualmente este tipo de subscricións custan 9,99 euros/mes como mínimo).
Nokia Música+ engade modalidade Premium por 3,99 euros/mes
Compartir Este Artigo
