O Grupo PéZcalo continúa a prosperar na Rede, e agora estrea o seu Coto de Compras, o primeiro grupo de compras de España creado para pescadores deportivos, que nace co obxectivo de conseguir as mellores ofertas a través das vantaxes de mercar en grupo, pero sen limitarse a ser unha páxina web de descontos, para converterse nunha comunidade de afeccionados á pesca deportiva.
Este novo proxecto de PéZcalo nace en resposta á conxuntura económica actual, de aí que ofrezan o Coto de Compra como unha alternativa para provedores e afeccionados á pesca de xeito que ambas partes saian gañando. Dende o seu comezo ofrece produtos de primeiras marcas con descontos no seu prezo de ata o 70% e, ao estar vencelladas as ofertas a un mínimo de vendas, dende o Grupo PéZcalo poden negociar mellores prezos e optimizar custos loxísticos, trasladando estes aforros ao cliente final.
PéZcalo pon en marcha un grupo de compra para pescadores deportivos
Compartir Este Artigo
