Fernando Ojea, Esther Medina e Andrés Mazaira na presentación de Labovisión de GaliciaA finais do ano pasado a CRTVG creou Labovisión de Galicia, un laboratorio de innovación audiovisual para colaborar con emprendedores galego dende o que están xa a desenvolver un proxecto de televisión aumentada coa empresa Bridge Mediatech, consistente na incorporación dunha segunda pantalla conectada que facilite que a través dun smartphone, tablet ou ordenador poidamos completar a experiencia televisiva da TVG. Con MashTV o tablet pode ampliar a información dos contidos televisivosA segunda pantalla da TVG está xa dispoñible na súa fase de probas á través da aplicación MashTV (actualmente dispoñible para iOS, estando xa en preparación a súa versión para Android), que é capaz de escoitar o que estamos vendo na televisión para detectar a canle que temos sintonizada (non precisando así que teñamos un televisor conectado á Rede) o que facilita a interacción cos programas, recibir contidos adicionais, saber o que están a ver os nosos contactos e amigos, compartir nas redes sociais as nosas opinións sobre o que estamos a ver e facer chats de grupo. Esta plataforma de televisión social interactiva achega información sobre os contidos televisivos, e no caso da TVG ofrecerá contidos adicionais de programas como Larpeiros, No bico un cantar e Recanteiros (dentro do Luar), nunha fase beta na que experimentarase coas posibilidade que achegan os dispositivos conectados á experiencia televisiva, para innovar para atender ás demandas da audiencia e asimilar tendencias de futuro.