En 2004 Microsoft explorara o negocio dos Smart Watches empregando a tecnoloxía MSN Direct que achegaba información ao pulso dos usuarios como novas, mensaxes persoais, predicións meteorolóxicas, recordatorios de citas… como parte dunha estratexia de obxectos persoais conectados que respondía ao nome de SPOT, e que dá a impresión de que chegou antes de tempo, pois tras a mala acollida destes produtos, agora parecen querer pórse de moda, e mentres están a desembarcar ao mercado dispositivos como o Pebble, rumoréase que Apple tamén podería entrar no negocio, o que, segundo The Wall Street Journal, podería levar á compañía de Redmond a volver a mover ficha, asegurando que Microsoft está a traballar na creación dun reloxo de pulso con pantalla táctil.
O xornal norteamericano chega a afirmar que Microsoft pediu compoñentes aos seus subministradores asiáticos para o que parece que sería un reloxo e, aínda que a compañía rexeitase facer declaracións ao respecto, non sería ningunha sorpresa que estea a traballar noutro dispositivo conectado dos que podemos levar postos, e que vese que é unha tendencia que as compañías non poden ignorar, nun momento no que dende reloxos ata lentes queren aproveitarse como dispositivos de comunicación.
Nesta liña, dende Gartner estiman que o mercado de electrónica conectada que poderemos vestir será de 10.000 millóns de dólares en 2016, o que resulta moi apetecible por ser un nicho de mercado que aínda non domina ningunha empresa.
Microsoft podería estar a preparar un novo smart watch
Compartir Este Artigo
