
O encontro principia no Centro Social do Mar ás 11:00, e para non entrar directamente coa entrega dos Premios MexilOnseTuits, contará cun par de relatorios previos. Por unha banda o deseñador gráfico e blogueiro Adrián Rodríguez, abordará Un novo xeito de amosarse ao mundo, Cultura Blogger e Social Media, o que agardamos que sexa unha achega á súa experiencia no seu proxecto molaviajar.com; mentres que o publicitario e relacións públicas Daniel Martí charlará sobre o Tempo de Redes Sociais. Reciclando segredos da comunicación.
Xa ás 12:00 horas faranse entrega dos primeiros premios da xornada, que corresponderán á Mellor Axencia 2012, Mellor Campaña en Canles Sociais e Mellor Vídeo Viral, tras o que haberá unha pausa para retomar a actividade ás 12:50 horas, cando galardoarán aos mellores blogs en 5 categorías (Informativo-Cultural, Tecnolóxico, Turismo, Moda e Gastronómico).
Tras o Festival terá lugar un xantar, ao que seguirán diversas actividades complementarias como unha visita libre ás alfombras florais polas rúas de Bueu, unha visita guiada ao Museo Massó e un paseo náutico en embarcacións tradicionais grazas ao traballo de recuperación da Asociación Os Galos de Bueu.
O vindeiro domingo celebrarase no Morrazo o Festival Social Media de Galicia
Compartir Este Artigo
