
As charlas, ás que acudirán representantes de ámbolos Concellos, achegarán aos profesionais diferentes recursos tecnolóxicos para seren empregados a nivel corporativo, no día a día comunicativo e informativo dunha empresa. Nas sesións abordaranse temas como a integración, a implantación e máis a seguridade. Tamén se amosará o potencial de diversas aplicacións de empresa e solucións de mobilidade de recursos en liña. As citas darán comezo ás 17:00 horas. Os interesados en inscribirse ou solicitar máis información poden enviar os seus datos a web@asmaccenter.com.
Ourense e Santiago acollen esta semana cadansúa xornada sobre o potencial do iPad no contexto empresarial
Compartir Este Artigo
