
A iniciativa, levada a cabo en colaboración co Concello, diríxese a preservar e conservar o patrimonio fotográfico brionés e mesmo poder publicar un libro sobre costumes no municipio. Nestes tres meses que levan recollendo fotografías, a asociación conseguiu a colaboración de veciños e veciñas de todas as parroquias de Brión, “polo que a escolma de imaxes está a ser moi variada”, informan os responsables da campaña. As fotografías máis antigas recollidas datan da primeira década do século XX e a gran maioría correspóndense con celebracións relixiosas (vodas, comuñóns, procesións…), festas e xuntanzas tradicionais, retratos de familiares e amigos, partidos de fútbol… Asamde, recolléronse tamén imaxes das distintas parroquias de Brión. Dende O Esquío no Piñeiro lembran que os veciños e veciñas que queiran colaborar nesta iniciativa que poden achegar as súas fotografías de dúas maneiras: dixitalizadas a través do mail oesquio@gmail.com ou ben persoalmente nas dependencias da Biblioteca Municipal do Concello de Brión, onde as fotografías serán dixitalizadas e devolveranse no mesmo intre.
Brión convoca aos veciños para dixitalizaren o seu pasado
Compartir Este Artigo
