
Para os responsables de O Apóstolo, este premio outórgalle un importante pulo á película galega, xa que o público do festival está formado exclusivamente por profesionais do sector, “cun alto nivel de esixencia”. Segundo engade o equipo de Fernando Cortizo, este festival, creado en 1960, é o referente na industria da animación. A programación deste ano contou con 236 películas seleccionadas, das casi 2.500 recibidas de 88 países. En edicions anteriores, cintas coma Coraline, James e o Melocotón Xigante ou Fantastic Mr.Fox acadaron o Premio Le Cristal.
Lembrar que O Apóstol, como temos sinalado en Código Cero, resultou ser un filme innovador dende tódalas frontes: en canto ao desenvolvemento do mesmo (a través da técnica do crowdfounding, procurando apoios orzamentarios a través das redes) e tamén no que se refire ao seu sistema de rodaxe. Usouse unha metodoloxía nunca antes empregada, a animación stop-motion en 3D mesturada coa participación directa dos actores que reais que dan vida aos personaxes virtuais nos que se inspiran. Así, os actores protagonistas da versión española –Jorge Sanz, Geraldine Chaplin, Paul Naschy, Carlos Blanco, Xosé Manuel Olveira Pico, Luis Tosar, Manuel Manquiña, Celso Bugallo, Isabel Blanco e Pedro Alonso, entre outros– non lles cederon soamente a súa voz aos monecos que dan vida aos personaxes, senón que eles mesmos interpretaron previamente todas as escenas.
O Apóstolo, premiada nun dos certames de animación máis recoñecido: o Festival de Annecy
Compartir Este Artigo
