A Asociación de Usuarios de Bancas, Caixas e Seguros, ADICAE, presentou esta semana unha nova web, toquealabanca.net, que como o seu propio nome indica vai dirixida a lanzar ao sector financeiro a mensaxe de que o rexeitamento social a boa parte da actividade dos seus integrantes non só non esmorece, senón que se fai forte e mesmo constrúe comunidade na Rede (a dita web é un exemplo diso). A maiores, a asociación puxo en marcha a páxina para aglutinar e centralizar a maior porcentaxe posible de accións de mobilización estatais contra a banca, centrándose para comezar na gran manifestación convocada para este 22 de xuño en dúas ducias de cidades, co fin de esixir o remate dos abusos de boa parte dos bancos e das grandes empresas.
A páxina en cuestión, a nivel de contidos, inclúe o manifesto Toque a la Banca (marea crítica cidadá dos consumidores contra bancos e monopolios de telecomunicacións, transporte, gran distribución, comercial, enerxía, etc), ideas para os internautas que se queiran mobilizar nesta fronte común, convocatorias, axenda, materiais de campaña para descargar, recursos multimedia (múltiples vídeos e imaxes sobre manifestacións e concentracións previas) e máis as vertentes de costume nas principais redes sociais.
ADICAE lanza unha web para facer comunidade en liña contra os abusos da banca
Compartir Este Artigo
