YouTube leva máis de 2 anos ofrecendo a un número limitado dos seus usuarios a posibilidade de realizar emisións en directo a través da Internet, que poden consultarse a través da canle YouTube Live, de xeito que xa non só eventos organizados por Google ou coa súa colaboración poden seguirse en vivo a través da Rede coa garantía e a potencia que supoñen os servidores de YouTube, senón que incluso usuarios particulares poden tirar proveito desta plataforma de creación audiovisual, que está a relaxar os seus criterios de entrada, de xeito que para poder agora emitir en directo aceptarán solicitudes por parte de canles que teñan un mínimo de 100 subscritores, aos que activarán o sistema para realizar directos nas vindeiras semanas.
Dende YouTube tamén están a dar conta aos creadores de que poden elixir a miniatura que representará os seus vídeos remitindo a imaxe que máis se adapte aos mesmos (sempre que non teñan restricións aplicadas á súa conta de usuario), poderán empregar anotacións nos seus vídeos a varias tendas en liñas e páxinas web asociadas (como unha fonte adicional de achegar beneficios da súa actividade creativa) e insta a colocar os vídeos en listaxes de reprodución para que cando un usuario localice un contido, poida saber que pertence a unha serie de episodios.
Os usuarios con máis de 100 subscritores en YouTube poderán realizar retransmisións en vivo
Compartir Este Artigo
