Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abertal Networks emprende un proxecto tecnolóxico que busca preservar o patrimonio fotográfico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abertal Networks emprende un proxecto tecnolóxico que busca preservar o patrimonio fotográfico

Marcus Fernández
Publicado: 13/08/2013
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

O Faiado da Memoria é un dos proxectos iniciais de Phottic
O Faiado da Memoria é un dos proxectos iniciais de Phottic
Para a recuperación do patrimonio fotográfico nace Phottic, un proxecto tecnolóxico e social que busca o equilibrio entre a Rede e o mundo real, entre a mocidade e os maiores, entre os usuarios da Internet e o analfabetos dixitais… e para conseguir tal están a desenvolver un fermoso museo de fotografías antigas que xeolocalízanse para poder velas no mapa e incluso sobre o Street View de Google (para poder comparar o antes co agora), estando boa parte do valor das imaxes nos comentarios que irá engadindo a comunidade de usuarios.
Para desenvolver o traballo offline será preciso realizar accións entre a poboación local, que captaría o coñecemento da terceira idade, á que alfabetizarían dixitalmente mozos voluntarios. Este formato de colaboración non só é enriquecedor socialmente, senón que tamén é trasladable a case calquera lugar do mundo.
A Asociación Cultural O Faiado da Memoria estrearon proxecto Phottic ao adoptar o dominio ofaiadodamemoria.org
A Asociación Cultural O Faiado da Memoria estrearon proxecto Phottic ao adoptar o dominio ofaiadodamemoria.org
A compañía que achega a base tecnolóxica ao proxecto é Abertal Networks, dende a que lembran que as vellas fotografías que gardamos no fogar non están en moi boas condicións, e se falamos especialmente da pouca calidade que tiña o papel a finais do século XIX aínda é máis difícil a súa supervivencia, polo que cómpre a súa dixitalización para conservar este patrimonio, o que con este proxecto buscan facer baseándose en 3 piares: fomento da dixitalización das fotografías antigas de cada espazo xeográfico, engadir valor ás imaxes mediante a xeolocalización e creando unha comunidade interxeneracional que aproveite conxuntamente o coñecemento das persoas maiores coas destrezas dixitais da mocidade.
Como exemplo deste desenvolvemento podemos visitar xa a nova web de O Faiado da Memoria, que tras 5 anos recollendo material fotográfico e audiovisual de Vilagarcía de Arousa grazas a achegas dos veciños da vila, transforma agora o seu blog nunha plataforma moito máis potente e atractiva grazas á tecnoloxía de Phottic.


Vídeo de presentación de Phottic

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?