
Nestes 2 anos conseguiu vender 15 millóns de terminais e a súa versión de Android (MIUI) conseguiu chegar aos 20 millóns de usuarios, conseguindo unha relevancia difícil de prever hai uns meses, especialmente polo feito de que a compañía chinesa tería actualmente un valor de mercado que estaría preto de dobrar o da canadense BlackBerry.
Xiaomi destaca por vender móbiles de altas prestacións a prezos máis propios de gamas media-baixas, e o vindeiro 5 de setembro teñen previsto anunciar os seus novos produtos nunha conferencia no Centro de Convencións Nacional de Pequín. Entre as novidades da compañía rumoréase que estará o seu Xiami MI3 (un smartphone con pantalla de 5 polgadas, procesador de 4 núcleos, 2 Gb de RAM, cámara de 13 Mpíxeles e xenerosa batería) e un novo dispositivo de Smart TV baseado en Android (atendendo ao éxito da súa solución actual).
A chinesa Xiaomi xa é maior que BlackBerry
Compartir Este Artigo
