Aínda que dende España a cobertura informativa da gala dos Video Music Awards (VMA) da MTV do pasado domingo nos telexornais centrábase en figuras como Lady Gaga ou *NSYNC, citando só de pasada a figura de Miley Cyrus, o certo é que a artista popularizada por interpretar o personaxe de Hannah Montana en Disney Channel foi a que acaparou todas as atencións por unha actuación excesivamente erótica que provocou numerosas queixas nos EE.UU. á vez que xerou moito rebumbio nas redes sociais, e o impacto na páxina web da MTV tamén foi notable, servindo para bater marcas, xa que a actuación de Cyrus con Robin Thickle conseguiu superar os 10 millóns de reproducións nun único día.
Cómpre destacar que aínda que moitos usuarios estaban a subir o vídeo á plataformas como YouTube, atopábanse a reclamacións de copyright, polo que a fronte principal de reprodución era a páxina oficial (aínda que o vídeo non estaba dispoñible globalmente nun primeiro momento, corrixiron a situación para aproveitar o bo momento).
A escandalosa actuación provocou protestas de moitos espectadores pero, contrariamente ao que algúns poderían esperar, iso non prexudicou ás vendas da cantante, que conseguiu manter 2 sinxelos entre os 10 temas máis vendidos en iTunes. Concretamente tiña a súa nova canción Wrecking Ball no terceiro posto e We Can’t Stop no posto 6.
Miley Cyrus tamén foi a estrela que máis brillou nos VMA se atendemos ao feito de que foi a figura máis destacada en Twitter durante a gala con 4,5 millóns de mencións e, durante o momento da súa actuación chegou a xerar 306.100 chíos por minuto, converténdose nun dos eventos máis destacables na historia de Twitter e provocando todo un regueiro de bromas nas redes sociais.
Tamén foi tomada a broma a extraordinaria atención que deron medios considerados serios como a CNN, que colocaba na portada da súa web de xeito destacado a actuación de Cyrus nin momento con importantes conflitos globais, o que chegou a provocar unha curiosa sátira a xente de columna editorial de desculpa publicada por The Onion.
Vídeo coa polémica actuación de Miley Cyrus durante os VMA da MTV
Miley Cyrus leva á páxina web da MTV a bater marcas
Compartir Este Artigo
