
Precisamente a atribución de autorías é unha das novidades que está a integrar Google+, de xeito que esta funcionalidade que servía para identificar aos autores de artigos na web (algo útil tanto para o lector como para o propio autor, que pode facer así un maior seguimento da súa obra en liña) chega agora tamén á identificación con Google+, o que facilita que as persoas que publican en WordPress.com e Typepad.com, de identificarse con Google+, poidan ver como os seus artigos quedan rexistrados como da súa persoa.
En WordPress e Typad tamén é onde agora faise doada a posibilidade de incrustar contidos de Google+, de xeito que pódese coller unha anotación, unha fotografía ou un vídeo público en Google+ e integralo nun artigo publicado na web, facilitando a súa interactividade (podéndose facer +1 no contido, comentar e seguir, sen ter que abandonar a páxina na que se integra o contido). Neste momento xa hai numerosos medios que están a probar a incrustación de contidos en Google+.
Google+ facilita o recoñecemento da autoría de contidos publicados na Internet
Compartir Este Artigo
