Esta semana soubemos dunha nova iniciativa galega que cingue dous mundos que nos tocan moi de preto e que xa non é que estean condenados a entenderse, é que se buscan un ao outro: o mundo da Rede e o do audiovisual. A iniciativa en cuestión é un vídeo-diario de dúas turistas de outro planeta que viaxan pola Terra coma quen saca un billete para coñecer outro país. A webserie chámase Jolidais, vacaciones en la Tierra e comezará a emitirse este domingo ás 20.00 horas dende Narón, achegando un capítulo cada semana das aventuras das dúas turistas en cuestión: Madonna e Yoko Ono.
A serie, segundo se conta dende El Diario de Ferrol, é obra do actor, director e guionista José Luís Prieto, e está protagonizada polas actrices Paula Morado e Celia González. Asemade, conta con blog de seu, dende o que se nos vai poñendo ao tanto das novidades do vídeo-diario, da rodaxe e dos capítulos. Cada un destes durará entre 5 e 6 minutos, co fin de que facilitarlles as cousas aos que desexen descargalos no móbil.
Chega dende Narón unha nova web-serie: Jolidais
Compartir Este Artigo
