Tras a renovación o pasado mes de xuño de OcionenGalicia, cun deseño actualizado e o incremento de servizo, nos últimos días chega unha aplicación móbil para Android desta guía de lecer en liña nunha versión de balde con publicidade e outra sen a mesma a un prezo de 0,99 euros.
A nova ferramenta que se estrea en Google Play permite visualizar eventos en Galicia, podendo consultarse por cidades (Lugo, Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense e Pontevedra), por categorías (música, teatro, exposicións, cine, deportes…) e por data. Tamén permite buscar por data, visualizar por lugares/locais, permite compartir eventos a través de redes sociais, localiza os eventos valéndose dos mapas de Google, achega a carteleira cinematográfica galega (con horarios, fichas dos filmes e localización dos cines), sorteos e feiras.
OcioenGalicia estrea aplicación para Android
Compartir Este Artigo

