A partir de hoxe, Vigo achegará aos clientes de parkings a posibilidade de pagar co seu móbil grazas á aplicación gratuíta ParkApp. Deste xeito, os vigueses poderán atopar o aparcamento máis achegado, coñecer os seus prezos e realizar reservas de prazas a través do teléfono móbil. Amais, grazas á aplicación, o cliente poderá saír e pagar sen ter que depender de billetes ou moedas. Na primeira fase do proxecto poranse en marcha un total de catro parkings na cidade: Parking O Progreso (Rúa Progreso 37), Parking Central (Rúa do Doutor Cadaval, 29), Parking Vigo (Rúa O Areal, 142) e Parking Hotel Casabranca (Rúa México, 19).
Esta iniciativa pode ser complementaria ao e-Park opera en Compostela, e que leva a tecnoloxía móbil ao aparcamento municipal en superficie. Emporiso, dende un punto de vista tecnolóxico, dicir que a rede ampliarase polo resto de España nos vindeiros meses. A nivel comercial, a aplicación conta xa con máis de 7.000 prazas de aparcadoiro espalladas por cidades como: Madrid, Barcelona, Valencia, Alacante, Lleida, Zaragoza, Logroño, Málaga e Cáceres. 
O seu funcionamento é moi sinxelo, só hai que baixarse a aplicación (de xeito gratuíto) ao teléfono móbil, onde se poderá ter acceso á información polo miúdo sobre os parkings. Unha vez elixido o aparcadoiro, amosarase ao cliente a mellor maneira de chegar. Na entrada só hai que pasar o móbil por diante dun código QR que estará colocado na expendedora de billetes. De xeito automático, abrirase a barreira e poderá accederse ao parking. Ao saír, o cliente deberá volver pasar o móbil por diante do código que atopará na saída e o gasto pasará á súa conta, xerando unha factura unificada, onde se reflectirán todos os movementos realizados. Os clientes tamén poden rexistrarse a través da páxina web, onde asemade poderán realizar as súas reservas. Engadir que, canto maior sexa a súa estancia no aparcadoiro, maior será o desconto que obterán. Doutra banda, ParkApp tamén se concibiu para dar servizo a empresas que contan con comerciais que estacionan regularmente en parkings. De igual xeito, os comercios que non contan con aparcadoiro propio terían a posibilidade de adherirse á rede ParkApp e que os seus clientes accedesen ao parking, sen necesidade de facturas que demoran as tarefas administrativas.
Vídeo de presentación da aplicación ParkApp
Guía en vídeo de ParkApp
