Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Contacnova botará luz na Tecnópole sobre as potencialidades de xestión dos centros de contactos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
NOVAS

Contacnova botará luz na Tecnópole sobre as potencialidades de xestión dos centros de contactos

Redacción
Publicado: 27/01/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

contactnova.jpgSeguen adiante as actividades dos Mércores de Tecnópole, un ciclo dirixido a facilitar aos nosos profesionais e empresarios a posibilidade de actualizaren os seus coñecementos sobre innovación, mercadotecnia e servizos tecnolóxicos postos en marcha para seren máis competitivos e eficientes. O ciclo, que vén da man da Tecnópole de Ourense, actualízase á súa vez con novos puntos de vista sobre a materia prima TIC da que podemos botar man. Sen ir máis lonxe, este 29 de xaneiro celébrase no dito complexo empresarial unha sesión sobre as potencialidades cos contact center como ferramentas de xestión. A cita vén da man de Contacnova, máis polo miúdo do seu responsable de desenvolvemento de negocio, Rogelio García.
A firma galega Contacnova, da que temos falado dende Código Cero con motivo do seu labor de seguimento e análise en procesos electorais, exporá na cita deste mércores as tendencias no seu sector e presentará as opcións de cooperación que a empresa ten abertas para proxectos conxuntos con outras empresas. Contactnova, pertencente ao Grupo Netaccede, conta cunha traxectoria de máis de dez anos na prestación de servizos de outsourcing especializados en solucións de mercadotecnia, atención telefónica, atención ao cidadán, apoio á xestión e consultoría estratéxica e telefónica. Segundo informa a Tecnópole na súa web, Contacnova “dispón dos sistemas máis avanzados de comunicación e emprega as últimas e máis potentes tecnoloxías, ofrecendo aos seus clientes un servizo coa máxima calidade e garantía”. Tamén lembra a Tecnópole que a arquitectura CTI (Computer-Telephone Integration) de Contacnova permítelle “amplas funcionalidades en resposta de voz interactiva (IVR), distribución automática de chamadas (ACD) e sistemas de marcación progresiva”. A empresa galega dá servizo a firmas de sectores tan dispares como a enerxía, a moda ou o motor, achegando tamén recursos á Administración galega, para a que xestiona os servizos de Atención á Muller e de Información ao Cidadán 012, entre outros. A cita con Contactnova será o día 29 ás 12 horas na terceira planta do Edificio CEI de Tecnópole. Para asistir só hai que inscribirse na web do Parque Tecnolóxico de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?